jueves, 3 de febrero de 2022

 

 

ACTIVIDADE DO XOVES - RECITAMOS OS DITOS OU REFRÁNS DA CANDELORIA - GRABAMOS OS AUDIOS

 

--CANDO A CANDELORIA CHORA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA; QUE CHORE, QUE DEIXE DE CHORAR, METADE DO INVERNO ESTÁ POR PASAR.   

(ALDÁN)

 

--A PARTIR DA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOLA 

(IAGO)



--CANDO A CANDELORIA CHORA A METADE DO INVERNO ESTÁ FÓRA; SE CHORA OU RI, O INVERNO ESTÁ POR VIR,   (  ALÉN )  

  E SE CHORA OU FAI VENTO, INDA O INVERNO ESTÁ DENTRO. ( LEO)


--POLA CANDELORIA CASAN OS PAXARIÑOS E MAILA GALIÑOLA

(LUCAS)



--POLA CANDELORIA, INVERNO FÓRA; SE CHOVE OU VENTA, INDA ENTRA.

( SARA  C)



--POLA CANDELORIA, METADE DO INVERNO FÓRA; E SE CHOVE E FAI VENTO, METADE FÓRA E METADE DENTRO.

--POLA CANDELORIA, METADE DO INVERNO VAI FÓRA; SE CHORA OU VENTA, INDA ENTRA.


--O DÍA DA CANDELORIA, SI CHORA OU VENTA, INVERNO ENTRA. E SI NON VENTA NIN CHORA, INVERNO FÓRA.

--POLA CANDELORIA PON A PITA VELLA E A NOVA.

--POLO SANTO ANTÓN TODA GALIÑA PON. POLA CANDELORIA, A BOA E A MALA.

--QUE A CANDELORIA CHORE OU QUE DEIXE DE CHORAR, A METADE DO INVERNO ESTÁ PASADO E A METADE ESTÁ POR PASAR.

--SE A CANDELORIA CHORA, O INVERNO ESTÁ FÓRA; SE RI, AÍNDA ESTÁ POR VIR.

--SE A CANDELORIA CHORA VAI O INVERNO FÓRA; SE RI, O INVERNO QUER VIR; MAIS CAL CHORAR, CAL RIR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR VIR.



--SE A CANDELORIA CHORA, O INVERNO XA VAI FÓRA. SE A CANDELORIA RI, O INVERNO ESTÁ POR VIR; PERO QUE RÍA E QUE CANTE HAI INVERNO PARA TRAS E PARA DIANTE.

--SE A CANDELORIA VÉN MAL O INVERNO ESTÁ CAROAL.

martes, 1 de febrero de 2022

A CANDELORIA - 2 DE FEBREIRO

A CANDELORIA, CANDO CASAN OS PAXARIÑOS.

O 2 de febreiro é o día da candeloria , festa da luz , día do amor nos antigos costumes galegos e o día no que casan os paxariños. antigamente, en Galicia, considerábase esta data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.

 Tamén se dicía que era a época na que os paxaros casaban e comezaban a preparar niños para as súas crías, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estoupido de vida que está a chegar.

  Son numerosos os ditos e refráns que aluden á celebración da candeloria:

 --Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.


--Cando a candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.


--O día da candeloria, si chora ou venta, inverno entra. e si non venta nin chora, inverno fóra.


--Pola candeloria casan os paxariños e maila galiñola.


--Pola candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola.


--Pola candeloria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.


--Pola candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.


--Pola candeloria, metade do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.


--Pola candeloria pon a pita vella e a nova.


--Polo santo antón toda galiña pon. pola candeloria, a boa e a mala.


--Que a candeloria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.


--Se a candeloria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir.


--Se a candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.


--Se a candeloria empola, o inverno vai fóra.


--Se a candeloria chora, o inverno xa vai fóra. se a candeloria ri, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.








ACTIVIDADES MÉRCORES

 



https://drive.google.com/file/d/1LkWJox-KKLZ6aKpYB_hdU0dZ7UNCmjmO/view?usp=sharing