Gracias , moitas gracias a todo@s
jueves, 23 de diciembre de 2021
PANXOLIÑA DAS FAMILIAS
Xa hai uns aniños empezamos unha "tradición " no Nadal ,xa que @s nos@s pequen@s preparaban unha panxoliña ou villancico para cantar no festival de Nadal do CRA , propuxémoslle as súas familias que fixeran o mesmo para @s nen@s ,pero na escola . Este ano non podía faltar , toda unha sorpresa para @s Unicornios e Os Planetas . Así de ben o fixeron .
Etiquetas:
Canciones,
Colaboración familia-escola,
Nadal
miércoles, 22 de diciembre de 2021
A VISITA DE XOAN CURIEL
Cando a tecnoloxía non quere ir pouco se pode facer , pero ás veces temos sorte e despois de pelexar largo tempo gañamos nós , así que aquí tendes unha pequena mostra do que foi a marabillosa visita a nosa escola de Xoan Curiel , ao que agradecemos moitísimo todo o agarimo que nos amosou .
Graciñas mil Xoan .
Etiquetas:
Amigos,
Canciones,
Cantautores,
Visitas,
Xoan Curiel
INICIÁNDONOS NA LINGUAXE COMPUTACIONAL ALÁ POLO MES DE OUTUBRO
A linguaxe computacional vainos a servir para traballar e afianzar moitas cousas a nivel educativo :
- O primeiro e moi importante para @s Unicornios , é que el@s non son conscientes de que están a traballar , senon que o viven como tempo de xogo .
- O turno
- A espera
- O respecto aos demáis
- A axuda entre iguais
- O equipo , o logro conxunto
- A lateralidade
- A orientación espacial
- Estimacións , a distancia...para colocar as frechas axeitadas en cada caso
- Hipóteses
- O conteo.
- A xestión da frustración ante o erro.
- E unha cousa fundamental , teñen que estructurar e secuenciar ben as diferentes accións , esto oblígalles a organizar o pensamento , que hai que facer primeiro , cal é o seguínte paso ....pouco a pouco iremos avanzando e pouco a pouco o xogo vaise complicando para obligarlles a pensar e buscar estratexias novas de resolución do problema que se lles presenta.
- Todo este traballo desenvolvese nun ambiente lúdico que facilita a participación de tod@s @s Unicornios de xeito moi activo .
martes, 21 de diciembre de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)