Mostrando entradas con la etiqueta Agasallos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agasallos. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de enero de 2022

NON SABEMOS SI PAPÁ NÖEL , O APALPADOR OU MESMO OS REIS MAGOS PASARON POLA ESCOLA !!

 O luns ao chegar á escola tivemos problemas para abrir a porta, 🙆 con un pouco de axuda entramos e atopamos que a clase estaba diferente 👀. 

Había agasallos , unha mesa nova de xogos, contos, luz negra, cargador de pilas, pompons de cores , xogo de construcción de tacos de madeira , pegatinas novas na zona de lóxica matemática e tamén onde traballamos a linguaxe computacional   ....... unha chea de cousas pero tamén atopamos que a biblioteca e as caixas de rotuladores estaban desmontados ( creemos que foi por que quedaron o último día de cole moi desordenados ) así que houbo que colocalos ben 😅


 Como somos moitos  trouxeron dous saquiños de tacos de madeira 

luz negra encantoulles , é unha sensación nova verse baixo esta luz, todo cambia , o que tiñamos posto de cor branca brillabaaaaa e descubrimos unhas pedras que tamén brillan baixo esta luz......unha chea de descubrimentos e novas posibilidades de aprendizaxe e xogo



Tanto nos gustou que quixeron que Airas contara o conto baixo esta luz 


jueves, 30 de septiembre de 2021

ANIVERSARIO DE LUCAS

                                  MOITAS FELICIDADES LUCAS !

A pesar de non poder celebrar os aniversarios como nos gustaría  , os seus compañeiros obsequiáronlle uns debuxos moi chulos que logo encadernamos para que teña un pequeno recordo .








martes, 18 de junio de 2019

UNHA PEQUENA ESCULTURA REPRODUCINDO Á PROFE

Ás veces fannos agasallos marabillosos como este que me fixo Amil. Esa fermosura son eu  :-D


jueves, 7 de marzo de 2019

domingo, 12 de enero de 2014

OS REIS MAGOS EN CASALONGA

Á volta das vacacións os cocos descubriron que os Reis Magos non se esqueceran deles. Catro paquetes apareceron debaixo dunha mesa. QUE SORPRESA!!!!

GRAZAS MELCHOR, GASPAR E BALTASAR

 

domingo, 24 de noviembre de 2013

NOVOS INQUILINOS

Este ano montamos de novo o acuario cun precioso alpha de cor azul.  Pero en só dous días, e gracias a Candela que decidiu regalarnos dous neóns, un arlequín e dúas gambas o número de inquilinos aumentou considerablemente.

Tamén Carolina agasallounos con toda a súa experiencia en acuarios (ten un enorme na casa) e trouxo un libro para ler algunas cousas que debemos saber sobre coidados dos peixes.


domingo, 3 de noviembre de 2013

domingo, 6 de octubre de 2013

AGASALLOS PARA DAVID E JULIO

Cores escuras, pinceladas brancas, xogando coa luz. Realismo en estado puro, igualiño que Velázquez. Todo iso para retratar a Julio e David. Un bonito agasallo dos seus compañeir@s os cocos.
 
PARABÉNS JULIO E DAVID
 
 

miércoles, 2 de octubre de 2013

AGASALLOS PARA DAVID E JULIO

Os Pingotas quixeron facerlle un pequeno agasallo a David e Julio polo seu aniversario . Como estamos traballando o proxecto de arte, que millor que un precioso cadro  estilo Miró , eso sí , con moitas cores e purpurina.   Fixemos dous equipos e cada un de eles fixo o cadro para un dos Cocos.


lunes, 4 de febrero de 2013

"O AGASALLO DE ALEJANDRA"

Hoxe Alejandra sorprendeu ós cocos cun bonito agasallo: "TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN" un traballo de Susa Herrera e Mamá cabra no que se inclúen un cd, as letras das cancións e unhas propostas didácticas. Aquí tedes a letra da canción "O boneco de neve feliz" lida por Alejandra.

Moitas grazas por este agasallo ó que seguro lle daremos moito uso.