jueves, 20 de febrero de 2014

BOCADOS PARA NAMORADOS

Últimamente na Escola de Casalonga estamos asistindo a "namoramentos" que veñen e van coma as ondas do mar. E por iso non podemos deixar pasar unha data que fai que moit@s, polo mero feito de nomeala, adoiten sorrisos tímidos e cheos de complicidade.

Decidimos aproveitar o taller de cociña para facer "montadiños de namorados" utilizando pan de molde (con e sen gluten), queixo de untar, xamón cocido e outros ingredientes para adornar e endulzar.

O resultado foi do máis variado e apetecible.






1 comentario:

  1. Que boísima pinta! Un gran xeito de celebrar a data. Unha aperta.

    ResponderEliminar