lunes, 7 de abril de 2014

PRANTANDO AMORODOS

Este ano a prantación na escola está a resultar tarefa case imposible. O tempo non está axudando e temos que ir aproveitando os ratiños que deixa de chover para ir prantando algunha cousiña.

Así, a semana pasada, comenzamos cos amorodos e algunhas prantiñas con fror para darlle un pouco de cor a escola, un tanto apagada pola choiva.

 Xa temos preparado o horto e a ver si nesta semana, que parece que mellora o tempo, podemos poñer as leitugas, tomateiras e acelgas.

 Mentres tanto vos deixamos un video no que podedes ver o moito que desfrutan coas tarefas da horta.


 

2 comentarios:

  1. Con esta poderosa chamada á primavera estou segura que o sol non tardará en aparecer para coidar das plantiñas que tan ben prantaron estes nenos!! Que xeito!!! Dá gusto velos!!

    ResponderEliminar
  2. Coidándoo con tanto agarimo, tedes que ter un horto ben fermoso. Seguro que de ahí saen uns amorodos riquísimos. Unha aperta.

    ResponderEliminar