miércoles, 4 de junio de 2014

NOVA XORNADA NA BIBLIOTECA DO CRA "LUCHO DO PETO"

Onte tivemos a última xornada, por este curso, na nosa biblioteca.
 A temática en esta ocasión foi  "O Camiño de Santiago". Iniciamos a xornada con un tempo para ler e mirar todos os libros que quixeron de xeito libre , logo un xogo de pistas do camiño  co que o pasaron xenial , cando o remataron tocou merendar  e un pouco de xogo libre, e para dar por finalizada esta xornada pintamos aos nosos peregrinos e claro, despois, sesión fotográfica con eles.

Como todos o fixeron tan ben , foron conseguíndo unha credencial cos selos correspondentes, o final do día levaban a súa  particular compostelá.















2 comentarios:

  1. Que día máis chulo e que completo!!!
    Os nenos e nenas están xenial de peregrinos, pero as profes casi mellor.
    Dende o xogo das pistas, levamos facendo circuitos e buscando gárgolas toda a tarde na casa. Encantoulles o xogo!!

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida un día inolvidable. Unha aperta.

    ResponderEliminar