jueves, 30 de septiembre de 2021

PERSONALIZANDO O MALETÍN PARA EMPEZAR CO PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA







 

ANIVERSARIO DE LUCAS

                                  MOITAS FELICIDADES LUCAS !

A pesar de non poder celebrar os aniversarios como nos gustaría  , os seus compañeiros obsequiáronlle uns debuxos moi chulos que logo encadernamos para que teña un pequeno recordo .








miércoles, 29 de septiembre de 2021

O BLOG DA BIBLIOTECA XA ESTÁ A PLENO RENDEMENTO


 Tedes un correo electrónico específico para a biblioteca no que poder facernos chegar suxerencias  ( bibliotecacradeteo@gmail.com ) e como en todos os blogs dicir que como vedes a dereita da imaxe , encántanos recibir os vosos comentarios , queremos ter un feedback con tod@s .

lunes, 20 de septiembre de 2021

MARÍA E AROA CONTAN UN CONTO

 

CHEGA O OUTONO ........ QUE IREMOS A FACER CON ESTAS FOLLAS TODAS ROTAS ?

As actividades en infantil levan o seu tempo , precisan  planificación e preparación dos materiais , como nos pasou en este caso .

 1º Saímos o patio e recollemos follas secas que atopamos polo chan
 2º Repartimos para que todos os equipos tiveran unhas cuantas 
 3º Empezamos a rompelas canto máis pequenas millor
 4º Metérnoas todas nunha caixa para poder traballar con elas dentro duns días
 Que faremos ?? .......Xa o veredes !!!!









 

AIRAS CONTANOS UN CONTO

 

sábado, 18 de septiembre de 2021

ANTES E DESPOIS DA NOSA CLASE

Así cambiou a nosa aula en este novo curso. Necesitaba ampliar o espazo, dentro das posibilidades que ten a aula, para que os Unicornios tivesen maiores posibilidades de movemento .


As mesas xa estaban moi velliñas , pero o señor Pepe, abuelo de Marta e Sara deixóunolas como novas  . GRACIÑAS SEÑOR PEPE !!! 



O desmontar a aula e ir sacando mobiliario , foron aparecendo sorpresas non moi agradables .
Coa aula xa desmontada ,  tentei planificar o espazo do millor xeito posible 





 
Tivemos sorte ,o Concello mandou un pintor  e a clase empezou a cambiar 😊








Agora toca  ver cómo organizar de novo a aula 







Pintar de cores alegres os radiadores que xa o precisaban tamén 



 E pouco a pouco a aula foise transformando  . E así quedou para empezar este curso !!!!












Na entrada naceu unha pequena árbore , que a saber......o mesmo anida nela algún paxariño .




 

jueves, 16 de septiembre de 2021

CALCAMOS FOLLAS DO PATIO

Despois de saír a recoller unha chea de follas polo patio tentamos calcalas para deixar a impresión nun folio, parece sinxelo , pero non o é tanto