Mostrando entradas con la etiqueta As receitas do Camiño de Santiago. Peregrinos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As receitas do Camiño de Santiago. Peregrinos. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de mayo de 2019

HOXE COCIÑAMOS UNHA DAS RECEITAS QUE NOS DEIXARON UNS PEREGRINOS PORTUGUESES

Seguimos co noso proxecto de alimentación , en este trimestre recompilando receitas que nos deixan os peregrinos que pasan por diante da escola e que queren colaborar con nós.

Hoxe fixemos galletas de manteiga e canela .

As Nubes xa son expert@s cociñeir@s.

Moitas grazas a Vera e Cecília  <3






viernes, 3 de mayo de 2019

AS RECEITAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Se pasades pola Escola de Casalonga podedes colaborar connosco 😀, estamos a recoller receitas dos peregrinos que cada día pasan por diante da escola. 
Onte puxemos un caderno no valo da escola e xa nos deixaron as súas receitas dous peregrinos italianos e outros dous holandeses.🥳🥳

Tentaremos cociñar na escola algunha delas e situar no mapa os seus lugares de procedencia , así imos coñecendo tamén onde están os diferentes países e dentro de España as diferentes provincias. Un proxecto moi saboroso 😉