Mostrando entradas con la etiqueta INTERPRETACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INTERPRETACIÓN. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de junio de 2014

PRANTA E PRAZAS DE SANTIAGO

Para situarnos espacialmente e podernos orientar unha vez que nos vexamos diante da catedral de Santiago é importante que nos fagamos unha idea de cómo están orientadas a catedral e as catro prazas que ten ó seu arredor.

Para isto fixemos un mural onde, partindo da pranta da catedral en forma de cruz, situamos as distintas prazas.

A pranta da catedral tamén nos da valiosa información acerca de onde se atopa o sepulcro do Apóstolo, as diferentes portas de saída e entrada (destacando a porta Santa e do Obradoiro), onde se sitúa o botafumeiro e entre que dúas portas oscila, onde van situadas as columnas...

Aprender a observar, interpretar e sacar conclusións axudarán ós nosos alumn@s a gañar autonomía, seguridade e autoestima ademáis de aprender a resolver cuestións da vida cotiá. 

Mirade o ben que o saben facer os cocos


jueves, 21 de marzo de 2013

RAPEANDO A ROSALÍA NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, xoves 21 de marzo, con motivo do "Día mundial da poesía", os cocos quixeron facer algo especial que levaban tempo ensaiando.

Despois de ver un video que nos mandou o pai de Alicia dunha rapaza de Vigo que fai rap cos poemas de Rosalía, lles propuxen facer o mesmo co poema de "Has de Cantar".

Pois aquí tedes o resultado.