Mostrando entradas con la etiqueta orientación espacial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta orientación espacial. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de junio de 2014

PRANTA E PRAZAS DE SANTIAGO

Para situarnos espacialmente e podernos orientar unha vez que nos vexamos diante da catedral de Santiago é importante que nos fagamos unha idea de cómo están orientadas a catedral e as catro prazas que ten ó seu arredor.

Para isto fixemos un mural onde, partindo da pranta da catedral en forma de cruz, situamos as distintas prazas.

A pranta da catedral tamén nos da valiosa información acerca de onde se atopa o sepulcro do Apóstolo, as diferentes portas de saída e entrada (destacando a porta Santa e do Obradoiro), onde se sitúa o botafumeiro e entre que dúas portas oscila, onde van situadas as columnas...

Aprender a observar, interpretar e sacar conclusións axudarán ós nosos alumn@s a gañar autonomía, seguridade e autoestima ademáis de aprender a resolver cuestións da vida cotiá. 

Mirade o ben que o saben facer os cocos


APRENDEMOS A USAR UN PLANO

Seguramente todos tivemos un plano dunha cidade nas nosas máns pero sabelo usar e interpretar non é tan doado como nun primeiro momento parece... e menos con tan poucos anos.