sábado, 18 de septiembre de 2021

ANTES E DESPOIS DA NOSA CLASE

Así cambiou a nosa aula en este novo curso. Necesitaba ampliar o espazo, dentro das posibilidades que ten a aula, para que os Unicornios tivesen maiores posibilidades de movemento .


As mesas xa estaban moi velliñas , pero o señor Pepe, abuelo de Marta e Sara deixóunolas como novas  . GRACIÑAS SEÑOR PEPE !!! 



O desmontar a aula e ir sacando mobiliario , foron aparecendo sorpresas non moi agradables .
Coa aula xa desmontada ,  tentei planificar o espazo do millor xeito posible 





 
Tivemos sorte ,o Concello mandou un pintor  e a clase empezou a cambiar 😊








Agora toca  ver cómo organizar de novo a aula 







Pintar de cores alegres os radiadores que xa o precisaban tamén 



 E pouco a pouco a aula foise transformando  . E así quedou para empezar este curso !!!!












Na entrada naceu unha pequena árbore , que a saber......o mesmo anida nela algún paxariño .




 

jueves, 16 de septiembre de 2021

CALCAMOS FOLLAS DO PATIO

Despois de saír a recoller unha chea de follas polo patio tentamos calcalas para deixar a impresión nun folio, parece sinxelo , pero non o é tanto 


 

lunes, 13 de septiembre de 2021

SOMOS A CLASE DOS UNICORNIOS

As nenas e nenos de infantil decidiron como se ía a chamar a nosa clase .Despois de dicir nomes que a eles gustábanlles empezamos unha moi rifada votación para elixir o nome final . O resultado ....SOMOS A CLASE DOS UNICORNIOS



 E despois  da votación  fixemos un carteliño para compartir coas familias 












 

viernes, 3 de septiembre de 2021

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO LUNS DÍA 6

 O PRÓXIMO LUNS 6  REUNIÓN DE INICIO DE CURSO :

        - ÁS 10  ED INFANTIL

       - ÁS  12  PRIMARIA . 


     ESPERÁMOSVOS