O xoves os cocos invitaron ós pingotas a escoitar o que nos tiña que decir o papá de Sara sobre o seu traballo en Protección Civil no Concello de Teo. A charla estivo do máis interesante e aprendimos un montón de cousas, unha das máis importantes é que protección civil somos todos e todas e que podemos aprender a facer as cousas moito mellor tanto á hora de prevenir (lumes, accidentes, contaminación), como á hora de botar unha man (axudar nos casos de lumes, limpeza de zonas contaminadas...)
MOITAS GRAZAS ARTURO POLA TÚA COLABORACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario