jueves, 28 de noviembre de 2013

FEIRA DE SEGUNDA MAN ORGANIZADA POLO CONCELLO

A feira local de segunda man celebrarase no pavillón municipal Ezequiel Mosquera, na Ramallosa. O horario de funcionamento será de mañá e tarde. Abrirá de 12:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A intención desta iniciativa é darlle unha segunda oportunidade a moitos artigos usados e deste xeito ter unha pequena recadación para o financiamento das actividades das entidades que traballan no Concello.
Segundo explica Ignacio Iglesias, edil de Participación Veciñal, "queremos apostar pola reutilización e a reciclaxe e incluso polo troco". O concelleiro destaca ademais que a data elixida, antes das festas de Nadal, propicia que se poidan realizar compras de agasallos a moi bos prezos. 

1 comentario: