Esta semán pasada quixemos montar na escola un taller de cociña. Comenzamos con cociña creativa e san e seguimos con doce de chocolate. Chocolate sen gluten e chocolate sen frutos secos pero en ámbolos dous casos, chocolate branco para fundir e converter en orixinais piruletas adornadas de chuches. O máis complicado consiste en saber canto chocolate, a qué temperatura e canto tempo é necesariopara poder findir sen queimar. A mellor forma de facelo é pouco a pouco, abrindo e pechando o microondas, comprobando o chocolate e remexendo os poucos...
Canto pesa unha tableta? cantas piruletas se fan cunha tableta? cantas tabletas necesitamos para facer 25 piruletas? Resolver estas cuestións e escribir a receta son traballos posteriores que tiveron que realizar.
Nunca vin a Dora tan contenta co que fixera no cole, ser´que é unha lambona, e que a experiencia, encantoulle!!!
ResponderEliminar