Esta semana voltamos á biblioteca "Lucho do Peto". Para os nen@s de Casalonga sempre é unha festa poder saír da escola e cambiar por un día de aula e de patio de recreo.
As rutinas e actividades tamén varían e procuramos que sexan o máis lúdicas posible.
Esta vez ademáis de ter un ratiño para ler, vimos un video sobre alimentación que nos aconsellaba comer verduras, bailamos a nosa canción preferida das froitas, fixemos un batido de amorodo e prátano e escribimos a súa receita, contruímos entre todos unha escultura cos recipientes do noso supermercado e finalmente plasmamos a través dun debuxo a escultura final, desfrutamos do precioso patio de Aido e degustamos galletas e o noso batido que estaba delicioso.
Un gran día coma sempre na Biblioteca de Aido e desexando voltar a finais de curso.
Mentres tanto xa sabedes que tódolos mércores de 16:00 a 18:00 abrimos para tódolos nen@s do Cra que queran vir ler, levar libros ou simplemente xogar e pasar a tarde.
Vese que disfrutaron moitísimo. Unha aperta.
ResponderEliminar