domingo, 13 de abril de 2014

DECORAR OVOS DE PASCUA

Dito así parece moi doado.

 -"Pintámolo e xa está". Dixo unha das pingotas cando lle preguntamos: cómo o imos facer?

 -"Pero non podemos que o ovo podrece e cheira mal".

 -"Facemos un burato" dí un dos cocos. E probamos e facemos un burato...pero non sae nada.

 -"Facemos outro burato debaixo"...sae un pouquiño pero non é suficiente, tardariamos demasiado tempo en baleirar o ovo.

-"E si sopramos" dí finalmente un dos maiores.


 SORPRESA!!!!!!!! AGORA SÍ!!!!!!! 



 

1 comentario: