Para situarnos espacialmente e podernos orientar unha vez que nos vexamos diante da catedral de Santiago é importante que nos fagamos unha idea de cómo están orientadas a catedral e as catro prazas que ten ó seu arredor.
Para isto fixemos un mural onde, partindo da pranta da catedral en forma de cruz, situamos as distintas prazas.
A pranta da catedral tamén nos da valiosa información acerca de onde se atopa o sepulcro do Apóstolo, as diferentes portas de saída e entrada (destacando a porta Santa e do Obradoiro), onde se sitúa o botafumeiro e entre que dúas portas oscila, onde van situadas as columnas...
Aprender a observar, interpretar e sacar conclusións axudarán ós nosos alumn@s a gañar autonomía, seguridade e autoestima ademáis de aprender a resolver cuestións da vida cotiá.
Mirade o ben que o saben facer os cocos
Hai que ver que ben o fan. Son uns grans expertos xa. Un biquiño e boa semana.
ResponderEliminar