Ao longo de toda esta semana estivemos a recoller alimentos destinados ao banco de alimentos do Concello.
As familias da nosa escola colaboraron aportando leite , conservas, algunha pasta, arroz ...etc , pero non só colaboraron eles, outras persoas , como Javier o dono da "Santa Sede " tamén quixo colaborar con esta iniciativa dos Raios.
Eles fixeron un inventario do que ía chegando a escola , aínda que non o pudemos actualizar por que aínda hoxe chegaron máis cousas.
O Concelleiro de Benestar Social pasou pola escola para recoller persoalmente todos os alimentos recollidos ao longo destes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario