martes, 8 de diciembre de 2015

¿ QUÉN É HAPY ?

Os antigos exipcios crían que a crecida do Nilo era provocada por Hapi, que cada ano a mediados de xuño levantaba o súa sandalia do río e deixaba pasar a auga que tiña retida. 

 Hapy representaba as augas que en cada inundación fertilizaban á terra e traían a colleita.

 Represéntase barrigudo e con peitos colgantes, símbolos de abundancia, portando unha bandexa sobre a que se ven os productos do río e os froitos da colleita. Pode tamén levar dous cántaros dos que brota auga representando as dúas “fontes míticas” do río ( Nilo Branco e Nilo Azul). Sobre a cabeza leva as plantas representativas do Delta (papiro) e do Val (loto), e a súa pel pintase de azul ou verde para expresar fertilidade. 

 Non é un deus, é un netjeri, e dicir, un axudante dos deuses, normalmente os netjeri non tiñann templos ,pero podemos atopalo representado nos templos de outros dueses.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario