DATOS E LOCALIZACIÓN DA ESCOLA
AS RECEITAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Se pasades pola Escola de Casalonga podedes colaborar connosco 😀, estamos a recoller receitas dos peregrinos que cada día pasan por diante da escola.
Onte puxemos un caderno no valo da escola e xa nos deixaron as súas receitas dous peregrinos italianos e outros dous holandeses.🥳🥳
Tentaremos cociñar na escola algunha delas e situar no mapa os seus lugares de procedencia , así imos coñecendo tamén onde están os diferentes países e dentro de España as diferentes provincias. Un proxecto moi saboroso 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario