As Nubes traballaron duro para que a inauguración do noso restaurante fose o mellor posible.
Durante moito tempo practicaron para poñer a mesa, escribir e recoller os pedidos da nosa clientela, cociñaron para aprender a preparar os pratos que logo ían a servir ..... e pos si todo eso non fora suficiente fixeron os carteis e decoraron os manteis que logo poñerían nas mesas.
Facendo os carteis da inauguración
Os manteis
Así de chulos quedaron os carteis . E diante o noso personal altamente profesional
Empezamos a preparar a comida xa as 9, 40 , primeiro lavamos as mans e logo .....mans a comida!!!!
Primeiro bocadiños de xamón e queixo no forno
Despois preparamos as tartas de chocolate , por que necesitabamos metelas na neveira un chisco
Como sobrou un chisco de hoxaldre fixemos palmeiriñas
Unha vez rematado todo o que tiña que ir ao forno , empezamos a preparar os ovos recheos
Colocamos todo o que iamos a precisar e recibimos as familias. Cada Nube , como é lóxico quería atender a súa familia .
Empezamos !!
Tod@s tiñan que preparar os pratos e cantidades que a súa clientela lle demandaba , como exemplo Marta facendo as tostadas de queixo e paté , Xoel collendo a aceituna para decorar o ovo recheo e Manuel preparando o recheo do ovo
A clientela esperou pacientemente polos diferentes pratos
No restaurante non collía ninguén máis !!!
Unha vez que as familias estaban fartucas , bueno máis ou menos, tocóulle o turno para comer ás Nubes
E despois de comer, un ratiño escondidos baixo a mesa a ler tranquilos. Foi moito o estress da inauguración!!!
Como sobrou algo de comida invitamos aos nosos compañeiros de primaria
Graciñas a tod@s por colaborar en esta e en todas as actividades propostas <3 <3
No hay comentarios:
Publicar un comentario