lunes, 10 de enero de 2022

NON SABEMOS SI PAPÁ NÖEL , O APALPADOR OU MESMO OS REIS MAGOS PASARON POLA ESCOLA !!

 O luns ao chegar á escola tivemos problemas para abrir a porta, 🙆 con un pouco de axuda entramos e atopamos que a clase estaba diferente 👀. 

Había agasallos , unha mesa nova de xogos, contos, luz negra, cargador de pilas, pompons de cores , xogo de construcción de tacos de madeira , pegatinas novas na zona de lóxica matemática e tamén onde traballamos a linguaxe computacional   ....... unha chea de cousas pero tamén atopamos que a biblioteca e as caixas de rotuladores estaban desmontados ( creemos que foi por que quedaron o último día de cole moi desordenados ) así que houbo que colocalos ben 😅


 Como somos moitos  trouxeron dous saquiños de tacos de madeira 

luz negra encantoulles , é unha sensación nova verse baixo esta luz, todo cambia , o que tiñamos posto de cor branca brillabaaaaa e descubrimos unhas pedras que tamén brillan baixo esta luz......unha chea de descubrimentos e novas posibilidades de aprendizaxe e xogo



Tanto nos gustou que quixeron que Airas contara o conto baixo esta luz 


No hay comentarios:

Publicar un comentario