lunes, 31 de enero de 2022

ONDE ESTÁN AS AVES?










 

VIDEOCONFERENCIA DE HOXE ÁS 10,10.





Bos días , hoxe a videoconferencia será ás 10,10 h  no enlace que  xa tendes 

Material
 https://drive.google.com/file/d/1K2_lt-4AzWNGc1P3al9yheczII4JXo8t/view?usp=sharing

lunes, 10 de enero de 2022

NON SABEMOS SI PAPÁ NÖEL , O APALPADOR OU MESMO OS REIS MAGOS PASARON POLA ESCOLA !!

 O luns ao chegar á escola tivemos problemas para abrir a porta, 🙆 con un pouco de axuda entramos e atopamos que a clase estaba diferente 👀. 

Había agasallos , unha mesa nova de xogos, contos, luz negra, cargador de pilas, pompons de cores , xogo de construcción de tacos de madeira , pegatinas novas na zona de lóxica matemática e tamén onde traballamos a linguaxe computacional   ....... unha chea de cousas pero tamén atopamos que a biblioteca e as caixas de rotuladores estaban desmontados ( creemos que foi por que quedaron o último día de cole moi desordenados ) así que houbo que colocalos ben 😅


 Como somos moitos  trouxeron dous saquiños de tacos de madeira 

A luz negra encantoulles , é unha sensación nova verse baixo esta luz, todo cambia , o que tiñamos posto de cor branca brillabaaaaa e descubrimos unhas pedras que tamén brillan baixo esta luz......unha chea de descubrimentos e novas posibilidades de aprendizaxe e xogo



Tanto nos gustou que quixeron que Airas contara o conto baixo esta luz 


jueves, 23 de diciembre de 2021

PANXOLIÑA DAS FAMILIAS

Xa hai uns aniños empezamos unha "tradición " no Nadal ,xa que @s nos@s pequen@s preparaban unha panxoliña ou villancico para cantar no festival de Nadal do CRA , propuxémoslle as súas familias que fixeran o mesmo para @s nen@s ,pero na escola  . Este ano non podía faltar , toda unha sorpresa para @s Unicornios e Os Planetas . Así de ben o fixeron .

 Gracias , moitas gracias a todo@s

 

miércoles, 22 de diciembre de 2021

A VISITA DE XOAN CURIEL

 Cando a tecnoloxía non quere ir  pouco se pode facer , pero ás veces temos sorte e despois de pelexar largo tempo gañamos nós , así que aquí tendes unha pequena mostra do que foi a marabillosa visita a nosa escola de Xoan Curiel , ao que agradecemos moitísimo todo o agarimo que nos amosou . 

Graciñas mil Xoan .






INICIÁNDONOS NA LINGUAXE COMPUTACIONAL ALÁ POLO MES DE OUTUBRO

 A linguaxe computacional vainos a servir para traballar e afianzar moitas cousas a nivel educativo :

  1. O primeiro e moi importante para @s Unicornios , é que el@s non son conscientes de que están a traballar , senon que o viven como tempo de xogo .
  2. O turno 
  3. A espera
  4. O respecto aos demáis
  5. A axuda entre iguais
  6. O equipo , o logro conxunto 
  7. A lateralidade
  8.  A  orientación espacial
  9. Estimacións , a distancia...para colocar as frechas axeitadas en cada caso 
  10. Hipóteses
  11. O conteo.
  12. A xestión da frustración ante o erro.
  13. E unha cousa fundamental , teñen que estructurar e secuenciar ben as diferentes accións , esto oblígalles a organizar o pensamento , que hai que facer primeiro , cal é o seguínte paso ....pouco a pouco iremos avanzando e pouco a pouco o xogo vaise complicando para obligarlles a pensar e buscar estratexias novas de resolución do problema que se lles presenta.
  14. Todo este traballo desenvolvese nun ambiente lúdico que facilita a participación de tod@s @s Unicornios de xeito moi activo .