domingo, 26 de marzo de 2023
domingo, 20 de noviembre de 2022
COMPARTINDO AS NOSAS RUTINAS NA PDI
Preguntaronme como facíamos nós as rutinas na PDI , aquí as poderedes ver , falta a primeira pantalla que é a do saludo aos compañeiros e compañeiras .
sábado, 13 de agosto de 2022
miércoles, 27 de julio de 2022
jueves, 3 de febrero de 2022
ACTIVIDADE DO XOVES - RECITAMOS OS DITOS OU REFRÁNS DA CANDELORIA - GRABAMOS OS AUDIOS
--CANDO
A CANDELORIA CHORA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA; QUE CHORE, QUE DEIXE DE CHORAR,
METADE DO INVERNO ESTÁ POR PASAR.
(ALDÁN)
--A PARTIR DA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOLA
(IAGO)
--CANDO A CANDELORIA CHORA A METADE
DO INVERNO ESTÁ FÓRA; SE CHORA OU RI, O INVERNO ESTÁ POR VIR, ( ALÉN )
E SE CHORA OU FAI
VENTO, INDA O INVERNO ESTÁ DENTRO. ( LEO)
--POLA CANDELORIA CASAN OS PAXARIÑOS E MAILA GALIÑOLA.
(LUCAS)
--POLA CANDELORIA,
INVERNO FÓRA; SE CHOVE OU VENTA, INDA ENTRA.
( SARA C)
--POLA CANDELORIA, METADE DO INVERNO FÓRA; E SE CHOVE E FAI VENTO, METADE
FÓRA E METADE DENTRO.
--POLA CANDELORIA, METADE DO INVERNO VAI FÓRA; SE CHORA OU VENTA, INDA
ENTRA.
--O DÍA DA CANDELORIA, SI CHORA OU VENTA, INVERNO ENTRA. E SI NON VENTA NIN CHORA, INVERNO FÓRA.
--POLA CANDELORIA PON A PITA VELLA E A NOVA.
--POLO SANTO ANTÓN
TODA GALIÑA PON. POLA CANDELORIA, A BOA E A MALA.
--QUE A CANDELORIA CHORE OU QUE DEIXE DE CHORAR, A METADE DO INVERNO ESTÁ
PASADO E A METADE ESTÁ POR PASAR.
--SE A CANDELORIA CHORA, O INVERNO ESTÁ FÓRA; SE RI, AÍNDA ESTÁ POR VIR.
--SE A CANDELORIA CHORA VAI O INVERNO FÓRA; SE RI, O INVERNO QUER VIR; MAIS
CAL CHORAR, CAL RIR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR VIR.
--SE A CANDELORIA CHORA, O INVERNO XA VAI FÓRA. SE A CANDELORIA RI, O
INVERNO ESTÁ POR VIR; PERO QUE RÍA E QUE CANTE HAI INVERNO PARA TRAS E PARA
DIANTE.
--SE A CANDELORIA VÉN MAL O INVERNO ESTÁ CAROAL.
martes, 1 de febrero de 2022
A CANDELORIA - 2 DE FEBREIRO
A CANDELORIA, CANDO CASAN OS PAXARIÑOS.
Tamén se dicía
que era a época na que os paxaros casaban e comezaban a preparar niños para as
súas crías, época importante no ciclo
astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o
solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria,
medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza
comeza a preparar o estoupido de vida que está a chegar.
Son numerosos os ditos e refráns que aluden á celebración da candeloria:
--Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.
--Cando a candeloria chora a metade do inverno está
fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o
inverno está dentro.
--O día da candeloria, si chora ou venta, inverno
entra. e si non venta nin chora, inverno fóra.
--Pola candeloria casan os paxariños e maila
galiñola.
--Pola candeloria casan os paxariños e vaise a
galiñola.
--Pola candeloria, inverno fóra; se chove ou venta,
inda entra.
--Pola candeloria, metade do inverno fóra; e se
chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
--Pola candeloria, metade do inverno vai fóra; se
chora ou venta, inda entra.
--Pola candeloria pon a pita vella e a nova.
--Polo santo antón toda galiña pon. pola
candeloria, a boa e a mala.
--Que a candeloria chore ou que deixe de chorar, a
metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
--Se a candeloria chora, o inverno está fóra; se
ri, aínda está por vir.
--Se a candeloria chora vai o inverno fóra; se ri,
o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
--Se a candeloria empola, o inverno vai fóra.
--Se a candeloria chora, o inverno xa vai fóra. se
a candeloria ri, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno
para tras e para diante.
ACTIVIDADES MÉRCORES
lunes, 31 de enero de 2022
VIDEOCONFERENCIA DE HOXE ÁS 10,10.
viernes, 28 de enero de 2022
jueves, 27 de enero de 2022
miércoles, 26 de enero de 2022
lunes, 24 de enero de 2022
martes, 11 de enero de 2022
lunes, 10 de enero de 2022
NON SABEMOS SI PAPÁ NÖEL , O APALPADOR OU MESMO OS REIS MAGOS PASARON POLA ESCOLA !!
O luns ao chegar á escola tivemos problemas para abrir a porta, 🙆 con un pouco de axuda entramos e atopamos que a clase estaba diferente 👀.
Había agasallos , unha mesa nova de xogos, contos, luz negra, cargador de pilas, pompons de cores , xogo de construcción de tacos de madeira , pegatinas novas na zona de lóxica matemática e tamén onde traballamos a linguaxe computacional ....... unha chea de cousas pero tamén atopamos que a biblioteca e as caixas de rotuladores estaban desmontados ( creemos que foi por que quedaron o último día de cole moi desordenados ) así que houbo que colocalos ben 😅
A luz negra encantoulles , é unha sensación nova verse baixo esta luz, todo cambia , o que tiñamos posto de cor branca brillabaaaaa e descubrimos unhas pedras que tamén brillan baixo esta luz......unha chea de descubrimentos e novas posibilidades de aprendizaxe e xogo
jueves, 23 de diciembre de 2021
PANXOLIÑA DAS FAMILIAS
miércoles, 22 de diciembre de 2021
A VISITA DE XOAN CURIEL
Cando a tecnoloxía non quere ir pouco se pode facer , pero ás veces temos sorte e despois de pelexar largo tempo gañamos nós , así que aquí tendes unha pequena mostra do que foi a marabillosa visita a nosa escola de Xoan Curiel , ao que agradecemos moitísimo todo o agarimo que nos amosou .
Graciñas mil Xoan .
INICIÁNDONOS NA LINGUAXE COMPUTACIONAL ALÁ POLO MES DE OUTUBRO
A linguaxe computacional vainos a servir para traballar e afianzar moitas cousas a nivel educativo :
- O primeiro e moi importante para @s Unicornios , é que el@s non son conscientes de que están a traballar , senon que o viven como tempo de xogo .
- O turno
- A espera
- O respecto aos demáis
- A axuda entre iguais
- O equipo , o logro conxunto
- A lateralidade
- A orientación espacial
- Estimacións , a distancia...para colocar as frechas axeitadas en cada caso
- Hipóteses
- O conteo.
- A xestión da frustración ante o erro.
- E unha cousa fundamental , teñen que estructurar e secuenciar ben as diferentes accións , esto oblígalles a organizar o pensamento , que hai que facer primeiro , cal é o seguínte paso ....pouco a pouco iremos avanzando e pouco a pouco o xogo vaise complicando para obligarlles a pensar e buscar estratexias novas de resolución do problema que se lles presenta.
- Todo este traballo desenvolvese nun ambiente lúdico que facilita a participación de tod@s @s Unicornios de xeito moi activo .