domingo, 10 de marzo de 2013

APRENDENDO TÉCNICAS DE ESTUDIO

Pois sí, os cocos están aprendendo técnicas de estudio. Xa sei que dito así parece que estamos a falar de alumnos de secundaria. Pero é que moitas veces, os mestres acordámonos de ensinar as técnicas para poder estudiar, demasiado tarde.

Nos próximos cursos os cocos terán que estudiar e mesmo deberán facer exámenes. Non sería xusto que un día chegaran á escola e lles pedirán que aprendesen unha lección sen máis.

Aproveitando o motivados que están traballando a Rosalía, fixemos un esquema conxunto da súa vida. Despois de ler, subraiar e facer anotacións individuais como se de nenos de secundaria se tratara, elaboramos un mural no que quedan reflexadas as ideas máis importantes da vida de Rosalía.

Un traballo excepcional por parte dos Cocos e unha aprendizaxe que de seguro lles será de gran axuda nos próximos cursos.


3 comentarios:

  1. Os meus parabéns para todos! Hai que ver que ben o fixeron pero ... se parecen nenos do terceiro ciclo alomenos. Un gran traballo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Impresionante!! Por que non poderán ser así todos os coles? :-( Parabéns ós cocos pero hoxe especialmente á profe María!

    Cris (nai de Alicia)

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas Cristina e Ana. O maior recoñecemento para unha mestra é ver as caras ledas dos seus alumnos/as ó chegar ó cole, o motivados que están e as ganas que teñen por aprender :)

    ResponderEliminar