domingo, 10 de marzo de 2013

CAFÉ DE IDIOMAS NA BIBLIOTECA "ANXEL CASAL" DE SANTIAGO

Café de idiomas

 A biblioteca propón o Café de idiomas para todos os que están a aprender unha lingua estranxeira e queren practicar con outras persoas que están na mesma situación. Trátase de que todas aquelas persoas interesadas en practicar a expresión oral en diferentes idiomas se reúnan na biblioteca para falar dun modo libre e informal. Non se trata de clases de conversación, polo que non hai profesores nin obrigas. É un encontro libre entre xente cun interese común: practicar unha lingua estranxeira. As sesións terán lugar de 16:30 a 17:30 horas na zona de cafetería, a carón das máquinas expendedoras. En ambos sitios haberá unha mesa reservada para esta actividade, sinalizada cun cartel. ( Clicade na imaxe para acceder a máis información )

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario