viernes, 9 de mayo de 2014

APRENDENDO CON GOOGLE MAPS

Despois de varios días iniciado o proxecto do Camiño de Santiago estamos a descubrir unha chea de cousas que descoñeciamos. Unha delas é que o Camiño de Santiago non é un só camiño e que o que pasa diante da nosa escola é o Camiño Portugués.

Despois de interrogar algúns peregrinos de onde viñan, mesmo en inglés xa que moitos non entenden o noso idioma, situamos as poboacións no mapa e descubrimos que a maioría delas eran de Portugal.

Utilizando o mapa que aparece nas credenciais dos peregrinos elexiron por grupos algunhas poboacións do Camiño Portugués. Finalmente e utilizando google maps no ordenador tiñan que encher unha ficha previa na que se lles pedía:

1.- número de Kilómetros que deben recorrer dende a poboación escollida ata Santiago

2.- supoñendo que veñen a pé, as horas que lles leva ese camiño

3.- tendo en conta o número de Kilómetros recorridos si lles darían a Compostela ou non

Fantástico traballo o dos Cocos que xa están preparados para usar unha ferramenta (google maps) con enormes posibilidades non só na escola senon na vida diaria.









No hay comentarios:

Publicar un comentario