Un ano máis seguimos a reforestar e coidar o monte de Pedra que gracias o proxecto Voz Natura está a quedar precioso, con unha chea de árbores prantadas polos pequenos do CRA .
O día acompañou, e todos o pasaron xenial , primeiro recolleron herba que foron amontonando , logo axudándose das palas e rastrillos fixeron os buratos para prantar as diferentes árbores, a nosa escola levou catro, dous freixos, unha abeleira e un carballo, máis tarde tocou regar , as mestras collíamos a auga do río e eles cos seus cubos regaban unha por unha as árbores .
No hay comentarios:
Publicar un comentario