sábado, 4 de diciembre de 2021

UNHA SEMANA DA BIBLIOTECA DIFERENTE

Nun curso "normal" todas as escolas do CRA pasariamos ao longo desta semana unha xornada diferente na biblioteca . O COVID segue a complicarnos a vida escolar , pero aínda así non renuncianos a a que @s nos@s cativ@s teñan unhas actividades comúns e lúdicas .

Nesta ocasión as propostas foron un paxariño que había que decorar e un xogo de pistas que cada quen adaptou ao seu grupo -aula .

Na nosa escola o resultado foi este :




Cada quen decorou libremente , con bolis máxicos, pegatinas brillantes, purpurina, plumas ...etc 








A búsqueda empezou un pouco lenta, de feito tardaron en atopar o Miñato que os observaba dende o alto , logo xa foi a cousa moito millor e pouco a pouco  foron resolvendo as pistas e buscando a cada ave , a gaivota, o corvo, o gorrión, o moucho e a bubela  













No hay comentarios:

Publicar un comentario